PAULA REGUEIRO

É titulada en Interpretación textual pola ESADg, Máster en Interpretación diante da cámara. Na actualidade estudia Educación Social na UNED.

Traballou en compañías como L’Indignati da ESAD de Galicia co espectáculo Ratas d’Alcantarilla, seleccionado para participar no VI Festival de la Giornata Mondiale della Commedia dell'Arte de Pádova. Formouse con profesionais como Agustí Vila, Ermel Morales, Raquel Queizás, Paula Carballeira, Ana Carreira e Susan Batson entre outros.

Complementa a súa formación de interpretación con cursos de narración oral en Galicia (CIOV) e na Escola de Contacontos xunto con Victoria Siedlecki.

No audiovisual traballou en diversas curtametraxes e en un vídeo promocional do Concello de Ferrol.

É actriz, creadora e cofundadora de Trémola Teatro.

 
 

LUCÍA L. GOLÁN

É titulada en Interpretación textual pola ESADg, Máster en Interpretación diante da cámara.

Traballou en compañías como L'Indignati da ESAD de Galicia co espectáculo Ratas d’Alcantarilla, seleccionado para participar no VI Festival de la Giornata Mondiale della Commedia dell'Arte de Pádova ou en PasoAzorín Teatro, interpretando a Silvia en El síndrome de los agujeros negros no Teatro Lara.

Para completar a súa formación, recibiu clases de bailes de salón e latinos e danza contemporánea.

No audiovisual, protagonizou a web serie Vento Ferido e participou en numerosas curtametraxes como Room Service, de Carles Vila, Hacerte feliz de Alberto Campón, Almohada de Cantarelo Films ou Ext. Parque Noche de Ernesto Villalobos.

É actriz, creadora e cofundadora de Trémola Teatro.