Paula está moi contenta porque o seu pai regaloulle un xilófono e para darlle as grazas, vai tocarlle unha canción. Pero cando empeza a practicar, dunha caixa máxica empezan a saír animáis e grazas a eles descubrirá moitas cousas.
Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha chuvia de pompas, quítalle ao Elefante Ante e á Tartaruga Uga as súas cores
Será capaz Leo, ca vosa axuda, de devolverlle as cores aos seus amiguiños?
Leo, el León más curioso de la selva, esta aprendiendo los números.¡Todo tiene números!
El ten un barco, dúas cereixas, tres coches,...un día, despois de xogar e de lavar as súas cousas, desordeáronse todas...pobre Leo, xa non se lembra da orde dos números!
Será capaz, ca vosa axuda, de ordear as súas dez cousas favoritas?
A estreliña Vela está moi triste porque aínda non aprendeu a brillar, pero grazas á axuda da súa amiga Lyra e do montón de cousas divertidas que lle levou para xogar, poderá conseguir que Vela brille por fin?
A Laura encántalle inventar cousas. Por casualidade, crea unha piña que fala! Ca axuda da súa nova amiga, vivirá un montón de aventuras cheas de pompas, música, bailes,...
Aínda que Laura é pequena, é unha gran inventora. Pero para que as súas creacións funcionen, necesita da vosa axuda.
Algunha vez quixeches descubrir o que escribe a túa irmá maior no seu libro secreto?
Anita atopouno e descubriu que escribe e debuxa sobre a súa personaxe favorita. Poderás adiviñar cal é?
Ambas darán vida a mil e unha aventuras a través de xogos e disfraces para demostrar que o mellor é ser Valente e Rebelde.
Sugarplum Mary, máis coñecida como María do Nadal e Kitty, son dous elfos en prácticas. María soña con ser a asistente da muller de Papá Noel, mentres Kitty...Kitty o único que quere e que non a despidan. Será capaz María, ca vosa axuda, de convertir a Kitty nun auténtico Elfo de Papá Noél?
Paula é unha nena que espera ansiona a chegada do Nadal, cando se decata de que non ten nada preparado: nin a carta, nin a decoración da súa casa,... chama ao seu amigo o elfo que, a través das historias de Nadal de diferentes países, axudará a Paula a decorar a súa casa.
Pipo é un paxariño que está moi triste porque non sabe voar. Un día aparecen por alí os seus amigos que o intentan axudar. Será capaz Pipo de aprender a voar grazas á súa axuda?
Esta é a historia de dúas nenas que, nunha festa de pixamas, descubren un libro secreto cheo de historias fascinantes de mulleres como protagonistas.
A Paula danlle moito medo os monstros, por iso, decide converterse en exploradora e ir "en busca dos monstros". A través desta viaxe, Paula pasará por diferentes países ata chegar ao temido país dos monstros, onde aprenderá a deixar de terlles medo.
Emilia é unha gata que un día, cansa de estar sempre tranquila na súa casa, decide viaxar ao redor do mundo para descubrir que hai máis aló
Elisa quería ser a nena máis lista do mundo, e sabía que a resposta estaba nos libros. Pero en lugar de lelos, comíaos. A ver se coa vosa axuda, conseguimos que Elisa se converta na persoa máis lista do mundo.
Aba é unha pirata que se pasa todo o ano viaxando no seu barco pirata, so queda en terra firme unha vez ao ano para contar as aventuras terroríficas cheas de monstros e pantasmas que lle pasan nesas viaxes. Estades preparados/as para vivir con ela esas aventuras?
Andrea é unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se lembre dela?
Paco quería cambiar o mundo. Aínda que non sabía como, pero todas as noites falaba cas estrelas
e lles pedía axuda. Siempre les acompañaban
As cousas comezaron a complicarse, mirou ás estrelas e soubo que era o momento. Comezou a
loita, unha loita silenciosa.
Queres axudalo a cambiar o mundo? Acompáñaos nesta viaxe na que daremos vida á
memoria y a los logros de Francisco Fernández del Riego, el autor al que se le dedican las Letras
Galegas 2023
O mismísimo paxe real atopounos. Este paxe leva centos de anos traballando para as súas maxestades de Oriente e coñece á perfección toda a súa historia, ademáis de algunha que outra anécdota graciosa do seu traballo. Acompáñao nesta máxica aventura.
Didi é o elfo máis despistado do mundo. Sempre chega demasiado cedo ou demasiado tarde, pérdese polo camiño,... Queredes coñecer todas as súas incríbles aventuras? Cun pouco de sorte, poderá cumprir a súa misión.
Dende que ten uso de razón, a Marta sempre lle gustou o Nadal e o seu maior desexo era ser o suficientemente alta para poder ir en busca de Papá Noel!
No día máis especial do ano, os Reis Magos pídenlle axuda as estrelas para que iluminen o portal de Belén na súa gran viaxe e Estela, a estreliña despistada, será a encargada de facer este gran traballo. Será capaz, ca vosa axuda, de chegar a Jerusalén?
Copito é un boneco de neve que farta de estar no mesmo lugar, decide emprender unha viaxe para descubrir o Nadal
Aba é unha pirata que pasa todo o ano viaxando no seu barco pirata, so queda en terra firme unha vez ao ano para contar as aventuras terroríficas cheas de monstros e pantasmas que lle pasan nesas viaxes. Como todos os anos, Enma agarda impaciente a chegada da súa heroína Aba, o problema é que esta so fala en inglés e Enma non a entende. Necesitamos a vosa axuda para vivir con ela todas esas aventuras.
Sara é unha nena que se sabe todos os contos tradicionáis, pero en inglés! Seredes capaces de acompañala nesta viaxe e axudala a atopar por fin o seu final perfecto?
Se pechas os ollos é a historia de como un amor de xuventude pode cambiarte a vida.
Porque lo que comienza siendo un juego, puede hacer que termine porque ni te reconozcas en el espejo. Es el principio y el final de algo, es la honestidad de uno mismo, es el trabajo del actor a través del cual se busca la esencia, no solo del espectáculo, sino de la violencia de género. Tema que se aborda en esa pieza.
Que pasaría se reiventásemos un conto tradicional? Se as princesas xa non precisaran ser salvadas? E se fose necesario reverter o feitizo? 8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de contos, cancións e poemas. Unha viaxe que non deixará indiferente a ninguén.
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Más info