Valente e Rebelde
Algunha vez quixeches descubrir o que escribe a túa irmá maior no seu libro secreto? Anita conségueo e nel descobre que escribe e debuxa historias sobre a súa personaxe preferida
Poderás adiviñar cal é? Ambas as dúas darán vida a mil e unha aventuras a través de xogos e disfraces para demostrar que o mellor é ser «Valente e Rebelde»
Creación: Trémola Teatro
Actrices: Paula Regueiro e Lucía L. Golán
Cancións: Lucía L. Golán
Vestiario: Paula Regueiro
Público: nenos e nenas de 3 a 8 anos
Xénero: teatro infantil
Duración: 45 minutos