Qué animaliño é?
Paula está moi contenta porque o seu pai regaloulle un xilófono. Para darlle as grazas, vai tocarlle
unha canción, pero cando empeza a practicar, dunha caixa máxica
empezan a saír animais e grazas a eles
descubrirá moitas cousas.
Qué animaliño é? é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e
recoñecer as cousas que ven ao seu redor.
A través de diferentes
elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti,
instrumentos, sons...) os máis pequenos da casa gozarán desta
emocionante aventura.
Creación: Trémola Teatro
Actrices: Paula Regueiro e Lucía L. Golán
Cancións: Lucía L. Golán
Vestiario: Paula Regueiro
Escenografía: Trémola Teatro
Público: bebés de 6 meses a 4 anos
Xénero: teatro sensorial
Duración: 30 minutos