previous arrow
next arrow
Slider

Brilla-Brilla


A estreliña Vela está moi triste porque aínda non
aprendeu a brillar, pero grazas á axuda da súa amiga Lyra
e do montón de cousas divertidas que lle levou para xogar
poderán conseguir que Vela brille por fin?


Brilla Brilla, é unha obra de teatro sensorial para bebés que lles
fará aprender valores tan importantes como é compartir.

A través de diferentes elementos sensoriais (campás, confeti,
luz led, instrumentos...) os máis pequenos/as da casa
gozarán desta emocionante aventura.

Creación: Trémola Teatro

Actrices: Paula Regueiro e Lucía L. Golán

Cancións: Lucía L. Golán

Vestiario: Paula Regueiro

Público: bebés de 6 meses a 4 anos

Xénero: teatro sensorial

Duración: 30 minutos