Trémola Teatro é unha compañía fundada a finais de 2017 en Madrid por Paula Regueiro (actriz) e Lucía L. Golán (actriz). As súas fundadoras, profesionais das artes escénicas, coñecéronse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) mientras realizaban estudios de interpretación.

Parten da base de ser actrices creadoras, xa que elas mesmas son as que dirixen e escriben os seus propios espectáculos.

A pesar de levar pouco máis dun ano con este proxecto, foron gañadoras do 2º Premio Xuventude Crea 2018, na disciplina de Teatro. Percorreron gran parte da Comunidade de Madrid e de Galicia cos seus espectáculos, adaptándose a diversos espazos: microteatro, bibliotecas, librerías, auditorios, centros culturáis, colexios,... Realizan espectáculos tanto para adultos como para nenos, ainda que, sen ningunha dúbida, a súa especialidade é o público infantil.

ARBOL LOGO CIRCULO PNG